DÍA DE EUROPA NO IES PEDRA DA ÁGUIA

O pasado mércores 9 de Maio os nosos nenos/as de 6º de Primaria fixeron unha visita, xunto cós compañeiros do CEIP Ponte do Porto, ao IES Pedra da Águia.

IMG_20180509_122217

Esta visita estivo motivada, por un lado pola propia celebración do día, e por outro para que os nenos/as visitasen o centro ao que van asistir o próximo curso, cando pasen para 1º da ESO.

Ao chegar ao instituto, o noso alumnado xunto co de Ponte do Porto asistiu a unha charla do equipo directivo e da orientadora do IES Pedra da Águia no salón de actos onde lles explicaron o funcionamento do centro e tamén as asignaturas que terán o próximo curso. Máis tarde, viñeron dous alumnos e dúas alumnas que están a cursar actualmente 1º da ESO e explicáronlles as súas experiencias neste primeiro ano no instituto.

Posteriormente acompañados de Mariví, fixemos todos xuntos un recorrido polas instalacións do centro, vendo as diferentes aulas, ximnasio, laboratorio, cafetería,… E unha vez rematada convidáronnos a uns pinchos no salón de actos.

Unha vez rematada esta primeira parte da visita, quedámonos para asistir aos actos do Día de Europa.

Os actos comezaron coa entrada de varios nenos do instituto en patíns portando as bandeiras dos países da Unión Europea pola pista de fútbol sala. Despois colocaron as bandeiras e formaron un puzle de caixas sobre a Unión Europea e tocáronse varios himnos.

Xa como acto final realizaron a ceremonia de graduación dos alumnos de 4º da ESO.

Dende o noso colexio queremos agradecer ao IES Pedra da Águia a súa invitación a un acto tan especial. Ademáis de felicitalos por ser os gañadores do Programa de Escolas Embaixadoras do Parlamento Europeo.

Algúns destes rapaces do instituto xa levan varios anos traballando aspectos relacionados coa Unión Europea. Nos seguintes vídeos podedes ver os traballos que fixeron algúns rapaces de 3º da ESO cando estaban en 5º de Primaria:

ALEMANIA: Por Yaiza e Carolina

FRANCIA: Por Mario e Yanira

Advertisements
Esta entrada foi publicada en 6º curso, Primaria, Proxecto Unión Europea. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s