Aprendemos sobre o mar na biblioteca

Coa temática do mar, os distintos cursos de Educación Infantil e Primaria, do noso colexio, traballaron moito para exponer os seus traballos aos compañeiros e as compañeiras. Aprendemos moito nestas exposicións!

En 4º de Infantil, faláronnos da lonxa de Camariñas, cun poema con pictogramas.

En 5º de Infantil, as mariscadoras foron as protagonistas e amosáronnos o traballo que fan en plastilina.

En 6º de Infantil, o tema foi a conserveira, explicáronnos paso a paso a elaboración do peixe en conserva.


En 1º de Primaria, ensiráronnos os peixes comúns da zona coma a lubina, a sardiña, o lenguado, a xarda e o sargo.

En 2º de Primaria, faláronnos do seu proxecto  sobre Leonardo Da Vinci e os inventos relacionados coa auga. Propuxeron dous xogos para aprender sobre o tema, un co escornabot e outro con códigos QR.

En 3º de Primaria, recolleron historias de mariñeiros da zona relacionadas co mar e fixeron un vídeo relatando estas anécdotas.

En 4º de Primaria, quixeron recordarnos que debemos evitar a contaminación dos mares e océanos que afecta aos animais e que debemos coidar a natureza.

En 5º de Primaria, faláronnos das artes de pesca que se utilizan en Camariñas e amosaron algunas. Ata cantaron una canción de mariñeiros!

En 6º de Primaria, leváronnos de pesca polo mundo, falando de distintas especies mariñas e o lugar onde se captura.

Deixamos una selección das fotos sacadas nese día, así como un enlace para que vexades o resto de instantáneas: PINCHA AQUÍ.

About ceipoareal

Blogue do colexio CEIP O Areal de Camariñas
Esta entrada foi publicada en Infantil. Ligazón permanente.

Deixar un comentario