MOI IMPORTANTE
CANDO MENOS O PAI OU A NAI DE CADA ALUMNO/A DEBERÁ DESCARGAR A APLICACIÓN DE TOKAPP NO SEU MÓVIL POIS A PARTIR DO PRÓXIMO 1 DE OUTUBRO NON SE ENVIARÁN INFORMACIÓNS EN PAPEL.
E NO CASO DE AUTORIZACIÓNS DE NON TER A APLICACIÓN TERÁN QUE VIR A FIRMAR TÓDOLAS AUTORIZACIÓNS AO CENTRO.
Este curso imos a dar un gran paso no aforro de papel e na rapidez das comunicacións dende o noso centro.
A partir de agora as comunicacións entre a dirección do centro, titores/as e pais/nais farase a través da aplicación móvil Tokapp School.
Mediante esta app para Smartphones enviaremos todo tipo de avisos do centro, e tamén se poderá autorizar desde a mesma aos alumnos/as a realizar distintas actividades ou saídas fora do centro.
Durante este mes de setembro realizaranse os envíos de información tanto en papel como a través da app, e xa a partir de outubro as comunicacións faranse por medios dixitais (a través do blog, facebook ou a mencionada Tokapp), ademais de colgarse no tablón de anuncios do centro.
En canto aos diferentes tipos de autorizacións, a partir de outubro só se poderá firmar estas autorizacións a través da aplicación, ou no caso de non dispoñer da mesma, o pai/nai terá que vir ao centro a firmala en persoa
Por este motivo, recomendámoslles que á maior brevidade posible descarguen a aplicación, para poder estar informado de todo o referente ao colexio.
Atentamente a dirección do centro